Saturday 18 de May de 2024

O Concello constitúe por primeira vez a Mesa local contra a violencia de xénero


O acto tivo lugar hoxe, mércores 25 de novembro, tras o minuto de silencio e a lectura do manifesto institucional polo día internacional contra a violencia de xénero.

O Concello de Miño constituíu hoxe, por primeira vez na historia do municipio, a Mesa local contra a violencia de xénero ( MLC). O acto de constitución tivo lugar hoxe, mércores 25 de novembro, tras o minuto de silencio e a lectura do manifesto institucional polo día internacional contra a violencia de xénero.
Nesta Mesa participarán o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e as concellerías relacionadas ( Servizos Socias e Igualdade), ademais dun representante do CEIP de Bemantes, do CPI Castro Baxoi, da Garda Civil e a Policía Local e tamén das asociacións e colectivos de mulleres en Miño.
Os obxectivos da MLC serán: mellorar a detección precoz dos casos de violencia de xénero, optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra esta secuela, ofrecerlles unha atención e unha resposta áxil ás vítimas, mellorar a protección daquelas que presenten alto risco e informar e sensibilizar na materia tanto aos profesionais como á poboación en xeral.
As reunións ordinarias celebraranse en marzo e novembro, coincidindo coa conmemoración é eses meses do Día da Muller e o Día Contra a Violencia de Xénero..